A vida cotiá dos galegos non sería o mesmo sen a inxente actividade mineira que caracteriza á nosa Comunidade: a auga mineral que bebemos, a lousa e a tella dos tellados, unha parte importante da enerxía que consumimos, a arxila para facer cerámica, o granito que levanta os edificios e as casas nas que vivimos, os balnearios nos que nos relaxamos, as carreteras e pontes polas que nos desprazamos, os áridos e metais para facer os materiais de construcción…, todo depende dos elementos da explotación mineira. Incluso en produtos nos que a primeira vista non se aprecia, como os cosméticos ou as bombillas, podemos atopar os recursos mineiros.
Máis alá da súa relevancia económica, non podemos olvidar que a minería está presente en prácticamente toda a actividade humana xa que, exceptuando a madeira e as fibras naturais, tódolos materiais empregados polo ser humano para o seu desenvolvemento son de base mineral. De feito, cada europeo consume unha media anual de entre 5 e 10 toneladas de produtos minerais.
Nesta páxina poderás descubrir a riqueza mineral de Galicia, a súa importancia para o progreso económico galego, os momentos do teu día a día que non serían o mesmo sen os produtos procedentes das explotacións mineiras. En definitiva, unha viaxe completa pola minería galega. |